venres, 16 de xaneiro de 2009

A descansar toca



Chegou venres e con él unha nova fin de semana. Dende eiquí quérovos desexar que disfrutedes a tope do finde e que carguedes as pilas para comezar con forzas a vindeira semana.
Deixovos un tema dance do ano 1995 da guapa brasileira Tatjana, o título da canción ten unha designación moi relixiosa: "Santa María".

Saudos

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Ten unha "pronunsieixon" ó dicir Santa María que mete medo! jeje.

Por certo, a tal hora o Dépor si que debe ter medo porque van perdendo 3-0 e isto non ten pinta de mellorar... en fin.

Unknown dixo...

Si, a verdade é que si, viría sendo un "Senta Maruia", ja ja ja.

Do Depor non falo, vaia repaso!!!!!

Anónimo dixo...

O mesmo digo sobre o Depor... estou deprimida aínda hoxe... e o finde que ven toca dar o callo no Bernabéu!!... ai mamá...

Saudiños de luns!

Unknown dixo...

No Bernabeu tamén vai estar complicado pero non tanto como no Campo Nou. O Barça de Guardiola é unha máquina de facer fútbol e o sábado pasounos por riba. Por certo deplorable a actitude "desganada" dos nosos xogadores e deplorable tamén a actitude do señor Lotina con un 3-0 mete no campo outro medio-centro para "defender o penoso resultado" e aínda así chupamos outros dous e porque os azulgranas non quixeron apretar máis.
Por outra banda, xa hai algúns días que leva o rumor no aire de que os xogadores que acaban contrato: Manuel Pablo, Sergio, Verdú, De Guzmán, Pablo Álvarez, Pablo Amo (este non que está lesionado), Munúa (este non xoga polo menos ata agora) e Fabricio están a facer a puñeta para intentar negociar contratos a alza e mostran menos actitude nos adestramentos. Ogallá esto non sexa certo porque xógase como se adestra, e se non se adestra ben difícilmente se pode xogar ben. Como digo, ogallá esto so sexa un bulo periodístico e non unha realidade.

Saudos

Anónimo dixo...

No, como sexa verdade imos apañados! O do Barcelona foi penoso, pero é que eles tampouco tiñan necesidade de ensañarse tanto, dime ti pa que tiñan que por xuntos a Eto'o, Messi e Henry?? Se con un só xa gañaban!!! Eu pillei o partido no segundo tempo cando xa levabamos 3 goles ó lombo e vin o cuarto e o quinto...e o partido do Bernabéu xa nin o quixen ver... Sabía que Raúl tiña as orellas un chisco grandes, pero que lle valesen para marcar goles... en fin, quen toca para este finde? A ver se remontan un pouco, porque con este panorama "jodidos les veo"... E o dos que acaban contrato, esperemos que sexa mentira, porque senón a algún deles (véxase Manuel Pablo, Sergio, que levan xa varios anos aquí) era pouco darlles unhas fregas con ortigas!!