venres, 9 de xaneiro de 2009

Imos polos 600€

Volta a competición de tute en todo o seu explendor. Hoxe a partires das 22:00 horas no Edificio de Usos Múltiplos "Casa da Irmandade" de Sobrado a Comisión de Festas 2009 organiza un campionato de tute onde a parella gañadora levarase 600 eurazos.
Por variar xogarei con Pazitos e agardo que apañe tantas cartas como me ten habituado. A ver se seguimos a racha do ano pasado...

VAMOS PAZITOS, REVIÉNTALOS!!!!!

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Que teñades moita sorte, que de seguro que os 300 eurazos a cada un veñen que nin pintados.

Eu vou celebrar os meus recén estreados 23...

Bicos!

Anónimo dixo...

Por certo, a nova enquisa é bastante típica-tópica non? jeje. A cuarta resposta, do que mal é, é a de moitas persoas actualmente... a ver se para a crise esta. OBAMA FAI ALGO!!! jeje.

Unknown dixo...

Non sabía que estiveras de cumple. MOITÍSIMAS FELICIDADES, (AÍNDA QUE ATRASADES) QUE DISFRUTES MOITO E TÓMATE UNHA COPA A MIÑA SAUDE.

yoly dixo...

Moita sorte lato, tes sorte xogar con pazitos non por bon xogador se non pola sorte que ten cos cartos jejejeje, anque bueno lisardo e esteban van ir polo terceiro consecutivo ollo ahi eh!!!!!!! (ay que mirar pola casa qeu a min inda non me viñeron os reises jejeje:) uis) Un BiKaZOooo

Anónimo dixo...

Grazas!!! De atrasadas nada, que o cumple era ese mesmo día, o venres 9. Este finde tómolle unha á tua saúde, si señor! jeje. Un bico.