xoves, 8 de xaneiro de 2009

Vale chaval!



Hoxe Cristiano Ronaldo é noticia pero non por as súas maravillosas dotes futbolísticas senón polas súa "destreza" a hora de conducir a altas velocidades. O portugués acompañado do porteiro do Manchester United Edwin Van der Sar "esnanfrou" o seu flamante Ferrari 430 nun tunel que pasa por debaixo do aeroporto de Manchester.
Ese sí que é un golpe como Deus manda e non o do meu Xsara, o capricho do rapaz (uns 160.000) terá recambio de seguro sin que o bolsillo de Cristiano se resinta moito. O arreglo do meu coche foi unha minucia comparado con eses cartos pero seguro que me resentín eu máis do que o fará o astro portugués.
Afortunadamente non hai que salientar feridos que aparte de esta broma iso é o máis importante.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

e seguro que él está tan pancho!!!!!
velocidade si pero no campo de fútbol non nas estradas!!!!que esta xente ten o pe do acelerador moi lixeiriño!!!

Unknown dixo...

Este vai rápido no campo e parece que no coche non lle anda a zaga. Tivo sortiña pero tamén un coche que termou unha barbaridade, se chega a ser outro tipo de coche sabe Deus..., seguro que levou un bo susto e agora andará máis calmado.

Saudos.

Anónimo dixo...

A verdade é que levar levou un bo mocazo!! Pero é o que vós dicides, fixo que para el son minucias. Que dea grazas a Deus, que de golpes destes non sempre se sae tan ben parado...