
Penso que a xente da miña xeneración se identifica moito cos tomos de Super Humor, onde os protagonistas eran Zipi y Zape, Carpanta, Pepe Gotera y Otilio, Mortadelo y Filemón, 13 Rúe del Percebe ou o "fenómeno" Rompetechos.
Sempre foi o protagonista cos comics que máis me gustou, é un personaxe que me parece moi entrañable e que me ten feito rir moito.
Rompetechos foi creado polo gran Fernando Ibáñez e apareceu por primeira vez na revista "Tio Vivo" o 6 de abril de 1964.
Ibáñez fixo da particular cegueira de Rompetechos que o levaba a confundirse miles de veces unha forma de entender o humor.

O final das historias sempre acaba denunciando a supostos policías os "golpes" sufridos:xeranios, farolas ou cans son confundidos con axentes por Rompetechos.
Se podedes votadelle unha vista os cómics que hai anos que non ledes porque nunca está demáis refrescar a memoria e de paso seguro que vos voltarán a vir a cabeza historias pasadas da vosa infancia.
Saudos
4 comentarios:
SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII
eu teño ainda dous tomos de SUPERHUMOR!!!!!!
pero a min o que me gustaba (a parte de zipi y zape ou mortadelo e filemon) era EL BOTONES SACARINO!!! jajaja
que tio, que estilo, que maneira de meterse en lios!!!!jajajajaa ais.....e dakela intercambiabamos os comics e a ninguen lle importaba que kedases co seu porque a cambio tiña o teu....jajajajaja
que tempos.....
Eu non recordo ler os comics de Rompetechos ou el Botones Sacarino, pero sí a Zipi e Zape e Mortadelo e Filemón. E gustábanme moito, aínda debo ter algún pola casa.
O botones Sacarino adaptárono fai uns anos á tele e víase na primeira de TVE me parece. A mín encantábame, pero pararon de poñelo...
É verdade Nishita, olvideime do Botones Sacarino, tamén me gustaba bastante. Sí señor.
Vero: na serie que ti comentas se mal non recordo era Pepe Viyuela quen facía o personaxe do Botones, pode ser?
Saudos
Pode. A min gustábame moitísimo, é unha mágoa que a quitaran...
Publicar un comentario