martes, 20 de xaneiro de 2009

Con todos vostedes: a neve

Sobrado amenceu na mañá de onte cuberta por un fino manto branco de neve. Foi a terceira vez nun período de dous meses que a capital sobradesa acollía este fenómeno climatolóxico.
O longo de toda a mañán producironse precipitacións abundantes en forma de neve que voltaban a cubrir o chan e as estradas unha e outra vez. De todos os xeitos o tráfico rodado non sufriu retencións na nosa zona (a diferencia de lugares coma Guitiriz ou Ordes) e podíase circular con normalidade, eso sí, con precaución por motivos evidentes.
A imaxe que a estas horas presenta Sobrado é a dos prados e entorno do pobo todo nevado con especial incidencia nos montes do Bocelo, e as aceras e as estradas despexadas. Supoño que nun par de días e coa axuda da choiva os brancos colores actuais dos prados voltaran a ter o seu verde habitual.
Deixovos eiquí unhas fotos que collín onte pola mañán para que disfrutedes tanto como eu o fixen o longo de todo o día: 08:40 h O mencer en Sobrado ven acompañado de unha copiosa nevada
Así estaba a Praza do pobo a primeira hora da mañán

A caida da neve repetíase unha e outra vez na xornada matutina


Imaxe de outra perspectiva da Praza



Houbo momentos que a nevarada presaxiaba unha boa capa



Vemos ó fondo o Hotel San Marcus co seu tellado branco


A Casa das Audiencias


As torres do Mosteiro nunha visión lateral

A Praza dende as escaleiras que dan a Casa do Concello

Perspectiva da Cafetería Ramiro nevada


Doctor´s House (Laura e Diego esta vai adicada a vos)







4 comentarios:

Anónimo dixo...

QUE BONITO TA TODO, QUE ENVIDIA POIS AQUI NON NEVOU NADA, ESTA TODO IGUAL CA SEMPRE, CHOVENDO E POÑENDONOS DE MAL HUMOR A TODOS POIS TEMOS QUE IR A TRABALLAR IGUALMENTE, ESO QUE O PRIMEIRO QUE FIXEN CANDO SOOU O DESPERTADOR TANTO ONTE COMO HOXE FOI MIRAR POLA VENTANA HABER SI ESTABA TODO BLANCO E PODIA VOLVER PA CAMA, PERO FOI QUE NO...QUE SORTE, VOS QUE PODEDES DISFRUTADE DA VISTA.
SAUDOS. RAYADOS

Anónimo dixo...

bueno que pare xa un pouco noon?? que este año xa vai ben de tanta neve,bonita si pero son tan bonitas as carreteras para andar por elas,bicooos latiño

Unknown dixo...

Rayados: hai que ver a vida con cara positiva sempre senón amargámonos e non pode ser..., ja ja ja.

Anónimo: teño malas novas para ti, parece ser que dan neve para sábado e domingo polo que non me extrañaría que o blanco elemento nos voltase a visitar. Se ven, benvida sexa e o máis importante é que non se manque ninguén. Bicos.

Anónimo dixo...

Como nos fas isto Víctor??? Ti sabes a enxexa que dades os de Sobrado con estas fotos?? Que en Oza non da nevado!!!! Josss....