Cando chega o momento das badaladas de fin de ano síntome un pouco desplazado ou "diferente" o resto dos habitantes da miña casa e por extensións os meus amigos.
Ben, recoñecereivos que problemas teño: non me gustan as uvas!!!, si, é raro, xa o sei, pero non me gustan, polo tanto cando o presentador de turno está avisando "no empiecen todavía, esto son los cuartos..." e algún da miña familia que é moi apurado (coma meu pai) xa as está comendo eu miro para eles coma un parvo pois o único que fago é ollear a televisión e desexar que rematen as malditas campanadas de unha vez que eu o que teño gaña é de irme de festa e ademáis o estar alí inmóvil, sin decir nin pío, sin uva que levar a boca síntome un completo "gilipollas".
Logo de matinar busquei a fórmula para suplantar as 12 uvas: "12 cachos de turrón de chocolate váiseme facer de abondo" "12 grolos de champán igual pillo unha petenera que non vexas antes de sair da casa e por riba o champán tampouco é santo da miña devoción" "mazapáns, almendras e hostias desas paso que non me gustan nada" polo tanto e logo de matinar voume sair un pouco dos productos comestibles típicos do Nadal e voume poñer toda a miña confianza das badaladas de Fin de Ano no producto típico que acompaña a caña do mediodía e da media tarde: a aceituna, dame igual que sexa "La Española" (es La Española una aceituna como ninguna, está rellena de rica anchoa), ou que sexa de Madagascar pero a partires do vindeiro Fin de Ano (se Deus me deixa chegar aló) prepararei as miñas 12 aceitunas (terán que ser sen oso que así acabo antes aínda que me gustan máis con oso) e brindarei cos meus como ten que ser polo novo ano que comeza.
4 comentarios:
Alternativa a las aceitunas: los lacasitos.
Un besito.
a meu primo tampouco lle gustan e come pistachos, xa pelados eso si. Máis propostas : conguitos, cacahuetes, mandarinas (por suposto unha dividida en doce cachos)ou cachiños da fruta que che guste...evidentemente dixen "CACHIÑOS" que se fas cachos igual non acabas nunca. Calquera cousa que se che ocorra...oi igual tes tanta sorte xusto por non comer nada nas dichosas campanadas....
non pensara niso....mmmmmm
Raquel: no es mala alternativa pero puede resultar un poco empalagosa, no crees?
Nishita:gústame a dos cacahuetes, de sobra é coñecida a miña afección a este froito seco pero mellor vou quedarme coas aceitunas porque se comezo cos cacahuetes xa non paro e o final xa non saio nin de festa..., ja ja ja.
Bicos para as duas.
Pois os lacasitos que di Raquel a min parécenme unha boa alternativa, porque aínda que sexan de chocolate son pequenos, así que moi empalagosos tampouco non?
Eu sempre intento comer as 12 uvas como corresponde, pero este ano co gripazo que tiña acabei con dúas de atraso...
De todas formas, con uvas ou sen elas, o importante é ter un bo ano.
Saudos.
Publicar un comentario