Seguro que a moitos de vos, coma a min algunha que outra vez vos fixo gracia ou vos chamou a atención os apelidos de algún árbitro español de fútbol. No meu caso (e no do meu amigo Jorge de Barakaldo) xa é unha obsesión e moitas veces estamos a enviarnos apelidos dos árbitros vía sms en plan "carallada total".
Antes de nada comentar que a diferencia de xogadores e adestradores que se coñecen por un nome, un apelido ou un mote en España os colexiados coñecense polos dous apelidos debido a que a finais dos anos 60 (en plena dictadura franquista) apareceu un xove árbitro de apelido Franco
e para que o apelido non dera lugar a xogos de palabras dos periodistas en plan "Que malo es Franco", "Franco lo hizo muy mal" ou "Otro error grave de Franco" o réxime de acordo coa Real Federación Española de Fútbol acordou que ós colexiados denominariaselles polos dous apelidos e incluso o nome se fose necesario. A partires de esta época os apelidos dos colexiados sempre foron tema de burla, porque a verdade é que parece que os elixen a dedo, os que teñan un ou dous apelidos máis raros chegan arriba e senón coma mostra un botón:
Barrenechea Montero, Llonch Andreu, Pino Zamorano, Japón Sevilla, Brito Arceo, García de Loza, Andújar Oliver, Urizar Azpitarte, Andradas Asurmendi, Ansuategui Roca, Iturralde González, Turienzo Álvarez, Rodriguez Marchante, Tristante Oliva, Lamo Castillo, Gómez Barril, Bueno Grimal, Urío Velázquez, Soriano Aladrén, Gracia Redondo, Guruceta Muro, Fernández Borbalán, Ayza Gámez, Mateu Lahoz, Medina Cantalejo, Daudén Ibáñez, Delgado Ferreiro, Megía Dávila, Paradas Romero, Teixeira Vitienes, Pérez Burrull, Rubinos Pérez, Velasco Carballo, Zariquiegui Izco, Ortiz de Mendíbil, Gardeazabal Garay, Esquinas Torres, Tamarit Falaguera, Lizondo Cortés, Undiano Mallenco, Losantos Omar, Ontanaya López, Prados García, Martín Navarrete...
pero a min o que máis gracia me fai de todos son os apelidos de un colexiado que polo que din as críticas ten un futuro moi prometedor por diante e arbitra na Preferente galega (polos apelidos non se pode negar que pai e nai son de ascendencia galega): CHOUCIÑO LANDEIRA.
Saudos.
7 comentarios:
Ou moito te documentaches, ou moi futboleiro eres para saber tantos apelidos de árbitros, que pasada! A min o que me facía moita gracia era Medina Cantalejo, porque tiña algunhas "cantadas" que lle viñan que nin pintadas co apelido.
Saudos futboleiros!
A verdade é que son futboleiro a tope: salvo Zariquiegui Izco, Ortiz de Mendíbil, Gardeazábal Garay e Tamarit Falaguera dos outros árbitros recordome de todos e incluso identifico as suas caras (e que 30 anos vendo futbol a tope dan para moito..., ja ja ja). Por certo e no fío de este tema, agora mesmo se me ven a cabeza outro colexiado que non puxen no post e que me facía moita gracia: José Donato Pes Pérez. O dito, elíxenos a dedo.
Saudos
Un mítico oitenteiro que recordo e que non nomeaches é CASAJUANA RIFÁ.
Nótase! jeje.
O Traveseiro: toda a razón do mundo, este colexiado era da Comunidade Valenciana, non si?
Non, Víctor, era do Colexio Catalán.
Grazas pola aclaración O Traveseiro, a verdade é que dudaba entre catalán e valenciano polo apelido "Rifá".
Saudos futbolísticos.
Publicar un comentario