luns, 19 de xaneiro de 2009
Son un pecador: aínda non fun as "rebaixas"
Así é amigos e amigas, pareceravos extrano, pero debo confesar que a día de hoxe e cando xa levamos 2 semanas das tan desexadas rebaixas para algúns, eu aínda non as pisei.
Non sei se serei eu o raro, pero a verdade é que paso de estar media hora nunha cola e o que é peor esa espera serve para pagar, o que faltaba..., xa non falo de meterme nun centro comercial calqueira fin de semana do ano porque é unha das cousas que máis detesto nesta vida, sinxelamente non o soporto.
Para máis inri, sempre houbo moita trampa no tema das "rebaixas", consabido é que hai firmas que lle soben os prezos habituais os productos para logo rebaixalos con un 20, 30,40 ou sabe Deus canto "por cen".
Outro truco moi usual é que a maioría das ofertas son productos (sobre todo roupa e calzado) que para o ano xa non se vai levar polo que pasados uns meses esa roupa queda totalmente obsoleta dando que pensar cal era o seu valor real no mercado nese momento.
Eu polo xeral nunca me marco unha data para ir de compras senón que cando surxe o momento vou e xa está, o que sí teño claro é que na miña relixión téñome totalmente prohibido mercar antes da derradeira semana de xaneiro, non por nada, senón por xentileza, deixolle os apurados e apuradas o sitio que eu ía ocupar nunha estantería, nunha cola, no parking para que o utilicen eles así estarán máis cómodos e cómodas. Eu xa irei cando esas mesmas persoas me deixen o espazo a min, e así poida adquirir o que eu desexe con toda calma, non ter que agardar 2 horas para ir a un probador, buscar na roupa revolta algo que me poida gustar, e estar na maldita cola pensando cando chegará o meu turno de unha puñeteira vez para desembolsar os cartos e irme para a miña casa que é o que máis desexo nese momento.
Saudos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
eu tampouco fun lato pero de todas formas estou contigo. E agobiante ter que esperar colas interminables ou esperar que a señora de turno termine de remexer nun monton de roupa que realmente non lle interesa, pero a muller non ten nada mellor que facer na casa e dedicase a remexer en todos os fachucos de roupa que ve....porque se te fixas ben, esa mesmaseñora sae da tenda ¡SEN MERCAR NADA!!!! jajajajaja
Este ano non irei as rebaixas, traereinas da miña pekena viaxe!!!!
yes yes, too much expensive...juas juas....
Non te perdes nada, digocho eu que si que fun, e saín dunha mala leche, pois está todo tirado nun montón, e ala,a remexer como si no fondo foras a encontrar billetes de 500 €,e co único que saín da tenda foi como xa dixen,cunha mala leche, que... bufff.E das colas sin comentarios,xa.
Saudos, Rayados.
Logo de lervos non me queda máis remedio que dicir que me sinto aínda más orgulloso de non haber ido. Xa terei tempo dabondo sen ter que andar a codazos para mercar un xersei que destiñe.
Víctor, ti es dos meus!!! jajaja según iva lendo pensaba que todo iso o escribira eu, en serio! Eu tampouco fun, pero é que penso igualiño ca ti neste tema, é agobiante! A ver cando vou, porque necesito uns zapatos novos e dame unha pereza ir por eles... jejeje.
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Publicar un comentario