mércores, 25 de xuño de 2008
Sensation, posiblemente a mellor discoteca do mundo
Chámase Sensation e este ubicada en Amsterdamm (Holanda). Este local, aglutina cada sábado a 10.000 mozos e mozas amantes da música electrónica e con gañas de pasalo realmente ben.
Non tedes máis que ver o trailer que vos poño arriba para darse conta do espectáculo de luz, color, son e movemento que supón cada sesión da discoteca Sensation.
Ademáis cada ano fan un evento que se chama "Sensation white" o que é obligatoriamente ir vestido todo o mundo completamente de branco incluso os djs e outro que se chama "Sensation Black" no que evidentemente a cor elexida é o negro.
Nos últimos anos ademáis de na propia discoteca celebraronse diversos "Sensation White" e "Sensation Black" por diversas cidades do mundo coma Düsseldorff, Praga, Budapest ou Santiago de Chile. O ano pasado íase celebrar un evento de esta índole na cidade de Barcelona pero finalmente foi aplazado.
Agardemos que nun breve futuro pasen por España ou Portugal para así poder ter a Sensation "preto" da casa.
Normalmente estes grandes eventos fanse en grandes estadios de fútbol e as sesións son coñecidas en todo o mundo.
Sen dúbida que se podo algún día irei a Amsterdam a disfrutar da discoteca Sensation, unha discoteca pola que pasaron e pasan os mellores disc jockeys do mundo.
Eu teño o disco do Sensation White 2006 e debo dicir que a súa música e altamente recomendable sobor de todo os que se declaran coma min uns tolos da música electrónica en xeral.
Este segundo video é un megamix do Sensation White celebrado en Alemania este ano 2008. Puro espectáculo, parece que dan gañas de estar alí.
Disfrutadeo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Home non é a SUPERNOVA pero non ten mala pinta o local éste jejeje . Tamén o ides incluir no Sobrado on Tour ou quedavos algo a contraman?
Ainda que un local con 10000 persoas debe de agoviar un pouco ,se xa é difícil pedir unha copa nalgúns sítios pequenos no local este debe ser unha odisea (10000 tíos con sede beben moito )
Berto.
Nada menos que dez mil persoas vestidas do mesmo cor movendose o mesmo ritmo , dende o punto de vista socioloxico tariamos a falar dunha secta, mellor quedarnos coas nosas tradicions e coa jaita jallega , penso...
veña nacho un saudo dende Moeche
Folgueira
Dios mio, non me quería eu no medio de 10.000 persoas eh!! Que agobio!!
Agobio???
Eso es el paraíso!!!
No os preocupeis que si a vosotros os parece demasiado ya voy yo y os lo cuento!!
Creo que ya tengo un lugar más que visitar obligatoriamente.
Saludos electrónicos!!
- Berto: coma a Supernova nada!!!! je je je, inigualable.
Para o Sobrado On Tour non era mala idea pero vainos quedar un pouco apurado. De todos os xeitos por intentar ir non ha de ser...
10000 tíos con sede acaban as existencias, ponlle a 10 consumicións por barba (media de Sobrado) e a cantidade é para votarse a temblar, supoño que ahí cada copa costará uns 10-12 € polo que imaxinate o tema.
- Je, je, Folgueira,si pode que sexa unha secta (a Secta do Baile Branco), je je je, esta claro que a min tanto o dance coma o folk gustanme e comparto as duas tradicions, a electrónica e a popular. Saudos tamén para a terra de Moeche.
- Vero: se hai 10.000 persoas pero sobra sitio para bailar penso que non é problema, o problema é se hai que estar coma sardiñas en lata. En Sobrado cando hai moita xente nos garitos facemos a opción de subir a barra a bailar (Previa consulta o camareiro/a do local en cuestión), je je je.
- Pitus: porque me daba a mi el cuerpo que tu si que ibas a estar de acuerdo con las sesiones de "Sensation"? oye hai que montar una excursión a Amsterdam que eso tiene que ser el NON STOP TOTAL!
Saudos a todos e grazas por comentar.
P.D: vindeiras datas do "Sobrado On Tour 2008":
Hoxe 26/06/2008: Paradela (Toques)
Mañá 27/06/2008: Présaras (Vilasantar). A miña 2ª terra.
Sábado 28/06/2008: Sobrado (Xogamos na casa)
Domingo 29/06/2008: Sobrado. Repetimos
Luns 30/06/2008: Sobrado. Ven nos ha chegar.
Saudos
EIIIIIIIIIII¡¡¡ eu estiven en amsterdam en decembro e vin a discuteca¡¡¡ , dicir que e espectacular¡¡¡¡¡¡¡¡ , pero claro ¡¡ pra desfrutala de todo , debes gostar da musica electronica... i eu ... moito non ... MALIA TODO¡¡ tou leda de ir , e colosal¡¡¡¡
apertas
EVA
Debe ser oh, pa meter ahí a 10.000 persoas e que aínda sobre sitio pa bailar...
Que envidia Eva!!!! a verdade é que eu polos videos que vin ten que ser espectacular. Algún día se Deus quere irei alí.
Grazas por deixar a túa opinión.
Vero: toda a razón do mundo, ten que ser un lugar "mastodóntico", a cabina central dos djs (unha torre con luz) non sei canto pode ter de altura pero debe ser enooooooooorme.
Veña saudiños.
Publicar un comentario